· O Goberno danés presentou en Copenhague o programa ‘Europe at work’
· As súas prioridades son sacar á Unión Europea da crise e avanzar no crecemento económico
Bruxelas, 6 de xaneiro de 2012.- O Goberno danés presentou hoxe en Copenhague o programa ‘Europe at work’. Neste documento se recollen as prioridades definidas polo goberno durante a Presidencia do Consello da Unión Europea, que o país asumirá no primeiro semestre de 2012.
O desexo de Dinamarca, en cooperación cos Estados membros e as institucións europeas, é sacar á Unión Europea da crise e avanzar no crecemento da súa economía. Para logralo, estableceu catro grandes prioridades durante a súa presidencia: economía, crecemento, medio ambiente e seguridade.
A Presidencia danesa porá en práctica as decisións do Consello Europeo de decembro, orientadas a fortalecer a disciplina orzamentaria e a estabilizar a economía. Entre outras medidas, traballará para lograr a aceleración das reformas para lograr unha regulación máis estrita do sector financeiro. Ademais, de realizar a primeira avaliación semestral dos presupostos nacionais.
O Goberno danés desexa contribuír ao crecemento económico europeo e á creación de emprego. Neste senso, traballará na aplicación das 12 medidas definidas pola Comisión Europea na súa Acta do Mercado Único e na busca de novas saídas para as empresas europeas, mediante a sinatura de acordos de libre comercio con Xapón, a India, Canadá ou Túnez.
A Presidencia danesa quere incluír o crecemento verde e sostible no núcleo do seu programa, co obxectivo de manter o liderado mundial da Unión Europea nos eidos do medio ambiente e a enerxía. Así, abordará asuntos como a proposta de Directiva sobre eficiencia enerxética ou o sétimo programa de acción en materia de medio ambiente.
Durante a súa presidencia do Consello da Unión Europea, o goberno danés desexa mellorar a xestión das fronteiras exteriores da UE, a través do establecemento dun sistema europeo común de asilo e a consolidación do réxime de libre circulación de persoas no espazo Schengen.
Respecto á ampliación da Unión Europea, Dinamarca vai continuar coas negociacións iniciadas con Islandia e Turquía. Ademais, iniciará as conversas con Montenegro.
Fonte: Fundacion galicia Europa
No comments:
Post a Comment