Thursday, 22 March 2012

SANTIAGO. XORNADA TÉCNICA DO IGAPE SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN E INCENTIVOS Á INNOVACIÓN


Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 28 DE MARZO, a partir das 18 horas, no salón de actos do Edificio Sergas, Complexo Administrativo San Lázaro.

Neste encontro haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, sobre o capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o  novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.
Fonte : IGAPE

No comments: