Informar sobre as necesidades de financiamento que todo
proceso de internacionalización conleva, e sobre as peculiaridades asociadas ás
licitacións públicas internacionais, son os obxectivos principais da xornada
sobre financiamento nas licitacións internacionais que se desenvolverá en
Santiago o próximo 22 de marzo, organizada pola Confederación de Empresarios de
Galicia coa colaboración do Igape.
Nesta xornada, destinada a empresarios e directivos de
empresas que desenvolvan operacións no exterior, tamén se facilitará a
familiarización dos asistentes cos produtos financeiros e instrumentos
máis axeitados para cada unha das fases de licitación pública internacional.
mais información: http://www.ceg.es/#null
Fonte IGAPE
No comments:
Post a Comment