Wednesday, 4 April 2012

A CORUÑA. XORNADA TÉCNICA DO IGAPE SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN E INCENTIVOS Á INNOVACIÓN



Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 12 de abril, a partir das 18,30 horas, no salón de actos da Confederación de Empresarios da Coruña (praza Luis Seoane, Torre 1).

Neste encontro haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, sobre o capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o  novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Información: 981133702 / 902 300 903

FONTE: www.igape.es

No comments: