Saturday, 7 April 2012

OURENSE. XORNADA TÉCNICA DO IGAPE SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN E INCENTIVOS Á INNOVACIÓN


Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 10 de abril, a partir das 18 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (praza das Damas, 1).

Neste encontro haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, sobre o capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o  novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Inscricións en http://inscripciones.ceo.es/  
Teléfono de contacto: 902 300 903

No comments: