Sunday, 8 April 2012

MAIO DE GALICIA EN ISRAEL


No ámbito do seu obxectivo de  fomento da internacionalización e cooperación empresarial, o IGAPE  -en colaboración coa Cámara de Comercio e Industria España Israel en Galicia, MATIMOP e o Israel Export & International Cooperation Institute (IEICI)- presenta un proxecto de internacionalización integral e multisectorial que se desenvolverá durante o próximo mes de maio de 2012 en Israel. (MATIMOP é a axencia de goberno de Israel que xera e implementa programas de R&D industriais cooperativos internacionais entre empresas israelís e estranxeiras).

Esta iniciativa presenta unha oportunidade histórica e estratéxica para a xeración, desenvolvemento e fortalecemento de relacións de cooperación e negocios entre Galicia e Israel, un novo e potencial panorama que poderá beneficiar e achegar valor a ambas as dúas partes.

A celebración de catro grandes eventos, transforman a Israel en epicentro mundial de tecnoloxía, innovación e negocios. Trátase de eventos relacionados con sectores estratéxicos e altamente competitivos en Israel e á súa vez predominantes e con grande interese para Galicia.
  
Os eventos / Ferias de maio
  
Building 2012 | 08 al 10 de maio
Mostra profesional do Centro Israelí da Construción
Construción, proxectos e infraestruturas. 
Agritech 2012 | 15 al 17 de mayo
18ª Exhibición e Conferencia Agrícola Internacional
Unha das feiras máis importantes do mundo no campo da tecnoloxía agrícola. 

ILSI BioMed 2012 | 21 al 23 de maio
11ª Semana nacional de Life Science e Tecnoloxía

New-Tech Exhibition 2012 | 22 al 23 maio

No comments: