Data: 16-19 de
abril de 2012
Lugar: Edificio
IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.
Os vindeiros 16 a
19 de abril estará en Santiago de Compostela o Director da Plataforma da Rede
Pexga en Rusia, Román Aguas Mayzels.
Durante eses días,
está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas no Igape cos
empresarios galegos que estean interesados en explorar este mercado ou en
ampliar a súa presenza nel.
O Director desta
plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a
Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de
Empresarios de Galicia (CEG), poderá facilitar información directa aos
empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos referidos a ese
mercado.
Aprovechando a organización
do punto de encontro o 19 de abril ás 10:00 terá lugar o Taller “Export
Networking Rusia”, este taller está dirixido a poner en contacto empresas que
han decidido apostar por su internacionalización no mercado ruso e de esa forma
intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxias e detectar potenciais
oportunidades de actuación conxunta. Lograr o apoio e a colaboración recíproca
das compañías presentes nun mesmo mercado pode ser un factor clave e
diferencial para o éxito das mesmas.
Por último, se así
o solicita tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos
de apoio á internacionalización que presta o Igape, e sobre a Enterprise Europe
Network: servizos e oportunidades.
Prazas limitadas
Programa e
inscrición en: http://xornadas.igape.es
Máis información: 902 300 903
Fonte: IGAPE
No comments:
Post a Comment