O vindeiro xoves, 26 de abril, celebrarase en Lugo un
Encontro Empresarial sobre as Oportunidades de Internacionalización en Brasil e
Canadá para as empresas agroalimentarias galegas.
Neste encontro empresarial presentranse incentivos e apoios
a Internacionalización, e as principais conclusións dun Estudo realizado
sobre oportunidades agroalimentarias en Brasil e Canadá. Así
mesmo exporanse as experiencias de tres empresas nos devanditos
mercados e os apoios á internacionalización. Haberá unha mesa redonda con
opinión dos expertos e conexión en directo co Director da Plataforma
Empresarial Galega- PEXGA en Brasil-Sao Paulo. Tamén haberá puntos
de información de axudas e apoios a internacionalización.
Esta actividade está impulsada polo IGAPE e enmarcase
dentro do Proxecto ECICII do Programa de Cooperación
Transfronteriza España-Portugal, cofinanciada con Fondos FEDER.
Lugar: Lugo, xoves 26 de abril 2012. De 10 a 14.30.
Escola de Empresarios e Centro de Formación- CEL, Rúa
Manuel Murguía, 6
Actividade gratuita. Imprescindible inscrición.
Inscrición e Programa http://xornadas.igape.es/
Prazas limitadas
Máis información: 902 300
903
No comments:
Post a Comment